Friday 17 de May de 2024

A bandeira azul xa ondea na praia de Laxe, que durante este verán contará con seis socorristas


• O alcalde, Jose Luis Pérez Añón, procedeu ao izado do distintivo azul na mañá deste sábado.

• A piscina municipal tamén contará con servizo de salvamento coa incorporación de dúas socorristas.

A praia de Laxe xa conta, de forma oficial, co distintivo de bandeira azul tras o izado da mesma na mañá de hoxe, sábado 1 de xullo.

O alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, acudiu ao lugar xunto con cinco dos seis socorristas que atenderán o areal durante os meses de verán. En concreto, o equipo de salvamento e socorrismo prestará o seu servizo de luns a domingo en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas.

Pola súa banda, a piscina municipal tamén contará con dúas socorristas. A instalación permanecerá pechada os luns, abrindo ao público de martes a venres de 15:00 a 20:00 horas e, durante a fin de semana, de 12:00 a 20:00 horas.

Desde o Concello destacan que “contar cun equipo de salvamento e socorrismo nunha praia como a de Laxe, de tanta afluencia, e tamén na piscina municipal é algo indispensable para poder seguir mellorando a seguridade tanto da veciñanza como dos turistas durante o verán”.